domingo, 1 de junio de 2008

Bouzas

San Miguel de Bouzas hoxe é unha parroquia do concello de Vigo pero no seu tempo BOUZAS foi un concello independiente.

Limita coas parroquias de Alcabre e Coia.

Ainda que non ten moitos habitantes é unha das parroquias más antigas e tamén máis grandes. Nela atópase unha franxa de mar que da lugar a importantes portos, Zona Franca, etc. A igrexa parroquial foi construída encol dunha rocha no século XVI e reedificada no XVII. Segundo algúns historiadores, o cruceiro vello (construído no 1802) marca do lugar onde naceu a vila. Consérvanse numerosas casas nobres, que reflicten a puxanza de Bouzas no pasado. Foi o corazón mariñeiro de Vigo. No 1501 o bispo de Tui concedeulle o dereito de ter alfolín, depósito de sal, e de carga e descarga de mercadorías. Na parroquia sitúanse os estaleiros industriais, o Liceo Marítimo de Bouzas e o Centro Tecnolóxico do Mar. Bouzas que foi un concello independente ata 1904, tamén conta con un dos equipos de fútbol máis antigos de Vigo, o CD Bouzas.

No hay comentarios: